Formación|

O Concello de Porto do Son, no marco do programa INECO RuralTIC, organiza un curso de trámites online coa Administración no que as persoas participantes coñecerán e porán en práctica aspectos esenciais para relacionarse coa Administración por vía electrónica:

🟡 Mecanismos de identificación (DNI electrónico, certificado dixital, chave permanente, etc)
🟡 Acceso a Sedes Electrónicas de diversas Administracións (SEPE, AEAT, Seguridade Social, Concellos, etc)
🟡 Principais trámites electrónicos (Cita previa, presentación de solicitudes, etc.)

Para favorecer a participación de todas as persoas interesadas, este curso conta con dúas edicións:

📆 11 de XUÑO de 9:30h a 11:30h
📍Viveiro de Empresas de Porto do Son

📆 20 de XUÑO de 16:30h a 18:30h
📍Viveiro de Empresas de Porto do Son

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal, indicando o nome completo, DNI e teléfono de contacto.

Comments are closed.

Close Search Window