A área de deportes do Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns – dependente da Consellería de Sanidade – organiza un curso de adestramento físico e deportivo da rexión lumbo – pélvica. Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a persoal educativo e deportivo, adestradores, deportistas e cidadanía interesada na práctica do deporte, en xeral
Programa:
• Temporalización dos diferentes ciclos anuais
• Anatomía lumbo-pélvica. Lesións comúns
• Obxectivos dos diferentes ciclos de adestramento físico saudable
• Metodoloxía de adestramento de práctica saudable
• Propostas diversas de planificación do adestramento
• Aplicacións prácticas de adestramento de condición física saudable
A sesión correrá a cargo de Pablo Martínez Fernández
Doutorando en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Máster Universitario en Preparación Física de Fútbol, Postgrado en Análisis do Xogo e Actualización Profesional do Adestrador – Analista en Fútbol, Curso Federativo de Director Deportivo en Fútbol, Adestrador de Fútbol UEFA-A, Curso de Especialización en Prevención e Readaptación de Lesións en Fútbol, Máster Universitario en Adestramento Funcional de Alto Rendemento, Graduado en Ciencias de la Actividade Física e do Deporte
📆 17 de XUÑO de 16:30h a 20:30h
📍Viveiro de Empresas de Porto do Son
✍ INSCRICIÓNS ata o 13 de XUÑO, a través do enderezo electrónico: maria.santos.lemina@portodoson.gal
Folla de inscricion Curso de Adestramento Deportivo Folla de inscricion
