O Concelleiro de Benestar Social, Pepe Lijó, e a Traballadora Social municipal, Isabel García, participaron na presentación do curso MULLER E SAÚDE impartido por Paula Sánchez Flores, matrona do Complexo Hospitalario da Coruña, cos obxectivos de mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Un obradoiro moi exitoso que contou cunha excelentísima acollida por parte da nosa veciñanza.

Infinitas grazas ás magníficas alumnas que se sumaron a esta importante e interesante iniciativa formativa e á Escola Galega de Saúde e á ACIS Axencia de coñecemento en saúde pola súa incrible colaboración

👉 https://www.facebook.com/share/p/tewrti9SYzkiAnfA/?mibextid=WC7FNe

Close Search Window