Formación|

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns -dependente da Consellería de Sanidade- organiza un curso de Alimentación na Primeira Infancia (4 horas), que vai ter lugar o venres día 10 de maio, en horario de 16:00h a 20:00h, no Viveiro de Empresas de Porto do Son

Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a persoal sanitario e educativo, monitores/as, pais, nais e cidadanía en xeral

Programa:
• Hábitos de alimentación na primeira infancia
• Recomendacións nutricionais nos primeiros 1000 días de vida e no terceiro ano
• Cando e como empezar a alimentación complementaria
• Alimentos permitidos e consellos
• Intolerancias e alerxias alimentarias
• Etc.
A sesión correrá a cargo de Iván Parada Barral (Dietista)

As persoas interesadas en participar deben enviar a correspondente follade inscrición: Inscripción ao enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal

Prazo de inscrición: do 22 ao 30 de abril. As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición

Comments are closed.

Close Search Window