Emprego, Formación|

cartel primeiros auxilios

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade- organiza un curso de Primeiros Auxilios (4h) que vai ter lugar o vindeiro martes día 26 de xaneiro en horario de 16.30h a 20.30h.
Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.
Programa:
– Asistencia inicial ante un traumatismo, feridas e hemorraxias.
– Convulsións, crise epiléptica.
– Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc.
– Queimaduras, escaldaduras.
– Perda de coñecemento: síncope, coma, etc.
– Diabetes: hipoglucemia.
– Reaccións alérxicas.
– Reanimación cardiopulmonar básica: atragantamentos, recoñecemento dunha PCR, etc.
– Etc.

Máis información e inscripcións no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son (Casa do Concello – 2º andar).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close Search Window