Formación|

A Cofradía de pescadores “San Telmo” de Porto do Son organiza, en colaboración co Concello, un curso de operario de grúas hidráulicas articuladas. 

Levarase a cabo o 26 de setembro no edificio de de actividades náuticas do Porto do Son.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de setembro e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 8:00 a 14:00 horas. (Do 7 ao 11 de setembro a entidade abrirá os días 7,10 e 11 en horario de 10:00 a 13:00 h debido á celebración das festas patronais).

Esta formación é totalmente gratuíta e será imprescindible acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de formación pesqueira, neste caso Patrón Local de Pesca ou superior. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde:

    • Os/as socios/as da entidade.

    • Os/as familiares de socios/as da entidade.

No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.

Comments are closed.

Close Search Window