A Cofradía de pescadores “San Telmo” de Porto do Son organiza, en colaboración co Concello, un curso de operario de grúas hidráulicas articuladas (2ª edición).
Levarase a cabo o 3 de outubro no edificio de de actividades náuticas do Porto do Son.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de setembro e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 8:00 a 14:00 horas. (Desde o 21 de setembro o horario de oficinas será de 8:00 a 15:00 h).
Esta formación é totalmente gratuíta e será imprescindible acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de formación pesqueira, neste caso Patrón Local de Pesca ou superior. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde:
-
- Os/as socios/as da entidade.
-
- Os/as familiares de socios/as da entidade.
No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.




