Formación|

A Cofradía de pescadores “San Telmo” de Porto do Son organiza, en colaboración co Concello, un curso de embarcacións de rescate e botes de supervivencia non rápidos que terá lugar os días 4, 11 e 18 de xullo.

O 4 e 11 de xullo levarase a cabo no edificio de de actividades náuticas de O Porto do Son e o 18 de xullo nas instalacións de Seforgasa (A Pobra do Caramiñal).

O prazo de inscrición estará aberto do 19 ao 26 de xuño e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Esta formación é totalmente gratuíta e será imprescindible acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de formación pesqueira, neste caso Patrón Local de Pesca ou superior. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde:

  • Os/as socios/as da entidade.
  • Os/as familiares de socios/as da entidade.

No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.

Comments are closed.

Close Search Window