Xeral|

O Concello de Porto do Son, xunto coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a Fundación Amigos de Galicia, impulsa un curso de dixitalización para persoas maiores baixo o título “@s nos@s maiores, mellor acompañad@”.

Na formación trataranse ferramentas como os caixeiros automáticos, os teléfonos móbiles, a app móbil do SERGAS/chave365, a máquina de quendas e outros trámites a ter en conta na vida cotiá.

Celebrarase os días 28 de setembro e 1,5 e 8 de outubro, en horario de 10:00 a 12:30 horas no Club de Xubilados de Porto do Son. As inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 867 414 de 10:00 a 12:00 horas.

As persoas interesadas poderán inscribirse do 1 ao 21 de setembro.

Comments are closed.

Close Search Window