Formación|

A Cofradía de pescadores “San Telmo” de Porto do Son organiza, en colaboración co Concello, un curso de competencias dixitais para profesionais do sector pesqueiro.

Levarase a cabo o 10 de outubro na aula de actividades náuticas do Club de Xubilados.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de outubro e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 08:00 a 14:00 horas. (Dende o 21 de setembro, o horario de oficinas será de 08:00 a 15:00 horas).

Esta formación é totalmente gratuíta e será imprescindible acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de Mariñeiro Pescador ou calquera tarxeta profesional. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde:

  • Os/as socios/as da entidade.
  • Os/as familiares dos socios/as da entidade.

No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.

 

Comments are closed.

Close Search Window
↑