Documentación Municipal|

cartel asociacionismo

Co obxectivo de fortalecer o tecido asociativo do concello e da comarca, o Concello de Porto do Son a través da Concellería de Servizos Sociais e Xuventude pon en marcha esta iniciativa que pretende mellorar as capacidades das persoas participantes tanto para a creación como para a xestión das asociaciacións.

A acción formativa que xa vai pola segunda edición, terá lugar os sábados 4 e 11 de outubro en horario de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 no Centro de Interpretación ” Castro de Baroña” do Concello de Porto do Son. O curso está aberto a persoas do concello e da comarca que pertenzan a algunha asociación ou que estean interesados en poñer en marcha unha iniciativa asociativa. O prazo de inscrición vai dende o 25 de setembro ata o 2 de outubro e as persoas interesadas deberán inscribirse entregando a sua solicitude no Rexistro Xeral do Concello. As 20 prazas dispoñibles para esta edición adxudicaránse por rigurosa orde de inscrición.

No curso, traballaránse contidos tales como os procedementos de constitución, procesos de organización, xestión do voluntariado, e xestión administrativa e contable. Afondarase ademáis na procura de financiación, as subvencións e a formulación de proxectos de cara a súa posta en marcha.

O curso que ten carácter gratuíto, e en definitiva unha aposta do concello para fortalecer a sociedade civil e mellorar ás capacidades do tecido asociativo nun espazo no que crear ademáis redes de colaboración.

Javier Quiñoy Taboada

Concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Xuventude

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close Search Window