Formación|

A Cofradía de pescadores “San Telmo” de Porto do Son organiza, en colaboración co Concello, un curso de actualización de formación sanitaria específica inicial que se realizará nas instalacións de SEFORGASA (C/San Lázaro 3, A Pobra do Caramiñal), o 23 de maio.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 14 de maio e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 8.00 a 15.00 horas.

Esta formación é totalmente gratuíta e será imprescindible acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de formación pesqueira, neste caso Patrón Local de Pesca ou superior. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde:

  • Os/as socios/as da entidade.
  • Os/as familiares de socios/as da entidade.

No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.

CONSULTA O PROGRAMA

TODA A INFORMACIÓN

Comments are closed.

Close Search Window