Formación|

A Cofradía de pescadores “San Telmo” de Porto do Son organiza, en colaboración co Concello, un curso de formación sanitaria específica inicial básica que terá lugar o 13 de xuño.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de xuño e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 8.00 a 15.00 horas.

Esta formación é totalmente gratuíta e será imprescindible acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de formación pesqueira, neste caso Patrón Local de Pesca ou superior. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde:

  • Os/as socios/as da entidade.
  • Os/as familiares de socios/as da entidade.

No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.

CONSULTA O PROGRAMA

TODA A INFORMACIÓN

Comments are closed.

Close Search Window