Formación|

Os vindeiros días 8 e 9 de xullo, o auditorio da Casa da Cultura do Concello de O Porto do Son acollerá o curso de verán “Novas fronteiras da igualdade: retos e solucións nas relacións laborais”, unha formación de 15 horas lectivas de duración.

Este curso, organizado pola Universidade de Santiago (USC) en colaboración co Concello de O Porto do Son, vai abordar dende unha perspectiva xurídica e interdisciplinar, algúns dos desafíos actuais en materia de igualdade e non discrimanción no ámbito das relacións laborais (xénero, idade, discapacidade, enfermidade, orientación sexual, interseccionalidade, etc.). A formación contará ca participación de profesionais do eido académico, xudicial e institucional, entre elas representantes do Consello Galego de Relacións Laborais, ademáis da programación de dúas visitas culturais.

O curso, con prazas limitadas, está orientado tanto a estudantes como a profesionais do sector xurídico e laboral, ademais de axentes sociais e calquera persoa que teña interese por coñecer as políticas de igualdade no entorno laboral. Levaránse a cabo oito palestras especializadas e unha mesa redonda con axentes sociais e combinará o estudo normativo coas ferramentas prácticas necesarias para a identificación, prevención e erradicación da discriminación no entorno empresarial.

A inscrición permanecerá aberta ata o 26 de xuño e o custo xeral da matrícula fíxase en 70 euros, cunha tarifa bonificada de 40 euros para estudantes, persoas en situación de desemprego, pensionistas e integrantes da comunidade universitaria da USC.

Máis información e proceso de inscrición aquí: https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/fronteras-igualdad-retos-soluciones-relaciones-laborales-15224

Comments are closed.

Close Search Window