Cultura, ocio, tempo libre|

O sábado, 7 de xuño, a praza Rosalía de Castro de Porto do Son acollerá ‘Creason’, a festa do arte e da cultura, que organiza Sonora Asociación Cultural, en colaboración co Concello.

Un espazo creativo cheo de actividades que arrincará a partir das das 10:30 horas e acollerá mostras de artesanía, obradoiros para adultos e rapazada, sesión vermú, música en directo, contacontos e moito máis.

Programación completa

10:30 Apertura mostra de artesanía

12:00 Obradoiro de máscaras e cerámica

12:30 A Roxiña de Carballosa e o Cega de Aradiza visitan a mostra

13:30 Sesión Vermú con Thais Sukis

14:00 Peche mostra de artesanía

16:00 Apertura mostra de artesanía

16:00 Obradoiro de iniciación ao toque con culleres

17:00 Obradoiro de pendentes de mar

17:30 Obradoiro de Regueifa

18:30 Contacontos con Nuska Chousa

19:30 Concerto Ebora

20:00 Peche da mostra de artesanía

20:15 Sorteos e entrega de premios

21:00 Concerto BMT Suevia

Comments are closed.

Close Search Window