Emprego|

ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171227/AnuncioG0424-191217-0003_gl.pdf

Especialidades convocadas:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

– Servizos de control de pragas.

– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos.

– Socorrismo en instalacións acuáticas e espazos naturais.

– Tanatopraxia.

– Confección e mantemento de artes e aparellos.

Presentación de solicitudes ata o 26 de xaneiro.

 

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180110/AnuncioG0164-291217-0002_gl.pdf

Convócanse unidades de competencia nas seguintes familias profesionais:

  1.    Administración e xestión
  2.    Agraria
  3.    Comercio e mercadotecnia
  4.    Edificación e obra civil
  5.    Electricidade e electrónica
  6.    Enerxía e auga
  7.    Fabricación mecánica
  8.    Hostalería e turismo
  9.    Imaxe e son
  10.    Imaxe persoal
  11.    Industria alimentaria
  12.    Informática e comunicacións
  13.    Instalación e mantemento
  14.    Madeira, moble e cortiza
  15.    Química
  16.    Sanidade
  17.    Servizos socioculturais e á comunidade
  18.    Transporte e mantemento de vehículos

Prazo de inscrición: do 10 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018.

 

acred exp prof

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close Search Window