Emprego|

O pasado venres día 2 de Xaneiro publicouse no DOG a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (Soldadura e Calderería, Cociña, Peiteado e Cosmética, Electromecánica de Vehículos, Panadería e Repostería, Sistemas Microinformáticos e Redes…etc… Ver todos no Anexo I da convocatoria).

prazo de presentación de solicitudes será desde o 8 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2015.

Máis información no documento adxunto a máis abaixo (bases da convocatoria) ou no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2015-acreditacion

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 8 de xaneiro de 2015.

acred exp laboral 2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close Search Window