Benestar social e igualdade, Maiores i dependencia|

Convenio de colaboración para a realización de obras de mellora da seguridade no centro de día para persoas maiores do concello

A Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o Alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización de obras de mellora da seguridade no centro de día para persoas maiores do concello.

A Xunta de Galicia financiará con 50.000 euros o peche do perímetro da parcela na que se asenta o inmoble. O concello será o encargado de contratar e executar os traballos, que consistirán na construción dun muro de formigón de arredor de 60 centímetros de altura. Ademais, instalarase un portal para o acceso rodado e peonil dotado de videoportero na entrada principal á parcela.

Esta intervención súmase a outras realizadas neste centro de día. Unha das mais recentes foi a construción dunha marquesiña que cubre o acceso ao inmoble e que protexe aos usuarios do servizo cando chegan e saen.

Toda a información en: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/006615/xunta-financiara-obras-mejora-seguridad-centro-dia-mayores-porto-son

Comments are closed.

Close Search Window