Documentación Municipal|

A Concellería de Servizos Sociais de Porto do Son vai levar a cabo o vindeiro luns 26 de maio un contacontos no que a autora Rocío Pérez Castro presenta o seu libro ” Lendro e os números”.

Con esta actividade preténdese espertar os rapaces o gusto pola lectura, e a importancia que esta ten para activar a nosa imaxinación, así como mostrarlles que se pode aprender e comprender as matemáticas, esa materia que moitas veces costa un pouco dunha maneira diferente, dunha forma lúdica e divertida. Que os rapaces vexan que aprender matemáticas e pasalo ben son dúas cousas compatibles.

“Leandro e os números”, será presentado o luns 26 de maio, ás 18:30 horas no Centro de Interpretación do Castro de Baroña. E desde a Concellería de Servizos Sociais animamos a que todos os pais se acerquen cos seus cativos a desfrutar deste contacontos.CONTACONTOS1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close Search Window