3 de MAIO
CONCURSO DOS MAIOS do Concello de Porto do Son,
Logo de descubrir fai uns días os incribles MAIOS realizados pola nosa cativada -e nos que se ve que existe unha relación de equipo perfecto con todo o profesorado e coa comunidade educativa- só podemos darvos os nosos máis sinceros parabéns pola vosa imaxinación e dedicación e por todo o oso traballo e esforzo. Hoxe (e sempre) sentimos un orgullo infinito por toda a nosa rapazada. Estamos ante unha canteira moi prometedora 🌟
E hoxe, foi o día de achegarnos ata os distintos coles, para que os concelleiros de Medio Ambiente, Juan José Calo, e Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo, fixeran entrega dos premios e agasallos do vixente concurso. Velaquí o veredicto final:
🥇 CEIP SANTA IRENE, Porto do Son
🥈 CEIP PLURILINGÜE DE CAMPANARIO, Baroña
🥉 CEIP DE PORTOSÍN, Portosín
BRAVO! Estivestes espectaculares!
A nova no Facebook:
www.facebook.com/concelloportodoson/posts/pfbid0T7LM5hm9bo2L2YxNtwmmujbZTbcJ8Dksd681n2mou1vQsoKfNLuHCBvGGZtDxhDzl