30 de ABRIL
No día de hoxe deu comezo a exposición aberta na Fachada Marítima de Porto do Son do CONCURSO DOS MAIOS do Concello de Porto do Son,
convocado pola Concellería de Medio Ambiente e no que, tras abrir a inscrición a todos os CEIP de Porto do Son, este ano participan cunhas composicións marabillosas:
🌼 CEIP SANTA IRENE, Porto do Son
🌼 CEIP PLURILINGÜE DE CAMPANARIO, Baroña
🌼 CEIP DE PORTOSÍN, Portosín
Dende o Concello de Porto do Son enviamos todos os nosos parabéns aos tres CEIPs participantes. Os tres traballos son fermosísimos e representan moi ben a cada un dos seus colexios. Estamos moi orgullosos/as de todas/os vós!
Agardamos a visita de toda a veciñanza na Fachada Marítima Sonense!
Nuns días daremos a coñecer a resolución do xurado, ao cal agradecemos infinitamente a súa inmensa colaboración.
A nova no Facebook:
www.facebook.com/concelloportodoson/posts/pfbid02KohyiLFD2KXFTkMcC3PNKJrq8YVPSKESKVz17q4VQvj7Wf1DQW9abtckuNCincTvl
▶️ fb.watch/rZMkYB7SBe/
▶️ fb.watch/rZMlXFIsc6/


