Cultura, ocio, tempo libre|

A praza de España do Porto do Son acollerá o vindeiro sábado, 15 de agosto, o concerto do grupo ‘A Misela’.

Dará comezo a partir das 22:00 horas e as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo de música popular iberoamericana.

O grupo é unha homenaxe viva ás raíces musicais que unen Galicia e América Latina, ofrecendo unha experiencia chea de emoción e irmandade cultural.A través das súas interpretacións, A Misela transporta ao público a unha viaxe musical onde as tradicións e a modernidade dialogan en perfecta harmonía.

Comments are closed.

Close Search Window