Cultura, ocio, tempo libre|

O xurado do concurso de carteis da Feira Celta 2026 estivo composto polas seguintes persoas:

  • D. Manuel de Hueso Zafra.Artista plástico, formado na Facultade de Belas Artes Alonso Cano da Universidade de Granada e na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. A súa traxectoria artística caracterízase pola investigación plástica e o dominio de diversas técnicas, desenvolvendo unha obra de gran sensibilidade estética. Compaxina a creación artística coa promoción e difusión das artes plásticas a través de proxectos expositivos e culturais.
  • D. Antonio Pérez Pérez. Pintor autodidacta cunha ampla traxectoria artística, inspirado principalmente na paisaxe mariña e na cultura do Barbanza. Fundador da súa academia de pintura en Ribeira, dedicou gran parte da súa vida á formación de novos artistas. A súa obra destaca polo seu expresionismo, a riqueza cromática e a forza das súas composicións. É unha figura de referencia na promoción das artes plásticas na comarca.
  • D. David Segade Queiruga. Autor, debuxante, retratista, pintor, ilustrador, deseñador e director de arte. A súa práctica artística combina investigación estética, dominio técnico e unha especial atención á figura humana, así como a construción de linguaxes visuais propias.
  • Dª María Fariña Escaraís. Fotógrafa e técnica superior en imaxe audiovisual.
  • D. Javier Querentes Santos. Deseñador gráfico especializado en animación dixital.

Comments are closed.

Close Search Window