A ÁREA DE EMPREGO DO CONCELLO DE PORTO DO SON ARRANCA O ANO CUNHA SESIÓN SOBRE CÓMO
PLANIFICAR E ORGANIZAR A BUSCA DE EMPREGO.
Esta xornada, gratuíta e de dúas horas de duración, vai ter lugar o xoves 31 de xaneiro nas aulas do
Viveiro de Empresas de Porto do Son.
O Concello de Porto do Son vai celebrar o próximo día 31 de xaneiro unha xornada de emprego na que o
tema a tratar vai ser o de “Cómo planificar e organizar a túa busca de emprego”.
Dunha maneira eminentemente práctica, as persoas participantes adquirirán a información e os
coñecementos necesarios para facer unha correcta planificación e organización do seu proceso de busca de
emprego, de maneira que este sexa o máis efectivo posible.
Nesta sesión traballaranse aspectos como:
– Cuestións persoais a ter en conta para a busca de emprego.
– Cuestións laborais a ter en conta para a busca de emprego.
– Erros frecuentes no proceso de busca de emprego.
– Recomendacións para unha mellor busca de emprego.
– Motivación para a busca de emprego.
– Recursos da zona á nosa disposición para unha mellor busca de emprego.
– Etc.
As persoas interesadas en participar nesta sesión deben facer a súa inscrición no Servizo de Orientación
Laboral do Concello de Porto do Son (Casa do Concello – 2º andar). Prazas limitadas.
Porto do Son, 10 de xaneiro de 2019.