Xuventude e deporte, Cultura, ocio, tempo libre|

O Concello de Porto do Son organiza, en colaboración con Natural Sport, a clausura das Escolas Deportivas, que terá lugar o vindeiro sábado, 6 de xuño, para poñerlle fin á tempada 2025-2026.

O Pavillón Polideportivo Santa Irene acollerá este acto a partir das 17:00h e, durante a xornada, o público poderá gozar dunha variada mostra das disciplinas impartidas este ano para darlle peche oficial ao curso con patinaxe, acrobacias, boxeo, taekwondo, zumba, bailoterapia e baile en liña.

Animamos a toda a veciñanza a asistir a achegarse ao pavillón para apoiar o deporte local, recoñecer o esforzo das persoas participantes e compartir unha tarde de ocio e diversión.

Comments are closed.

Close Search Window