Os sábado 23 e 30 de maio Porto do Son acollerá o Ciclo de Maxia coas actuacións do Mago Vituco e de Jhosua Kenneth.
Mago Vituco, 23 de maio ás 19:30 h na Casa da Cultura de Porto do Son
“A maxia do mago Vituco”, o público penétrase nunha viaxe escénica onde a emoción, o humor e a sorpresa entrelázanse con naturalidade. Cada instante cobra vida a través dunha conexión próxima e auténtica, transformando aos espectadores nunha parte esencial da experiencia.
Cunha linguaxe universal e unha presenza forxada en escenarios de todo o mundo, o espectáculo crea momentos que non só se ven, senón que senten e permanecen na memoria.

Joshua Kenneth, 30 de maio ás 19:30 h na Casa da Cultura de Portosín
Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia.
Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie estadounidense Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.
A súa maxia foi recoñecida en importantes competicións de Portugal, Bulgaria e Italia, acadando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.
“Degustación de imposibles” é unha obra apta para todos os públicos, e nesta selección de imposibles, a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos, como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. Setenta minutos de abraio, humor e misterio, mesturados cun chisquiño de historia do ilusionismo.
Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador, convidándoo a entrar nun mundo no que todo é susceptible de ser transformado, onde nada é imposible.


