Educación|

O vindeiro xoves, 18 de decembro, a Casa da Cultura de Porto do Son acollerá unha charla para nais, pais e adolescentes sobre o ocio nocturno.

O coloquio dividirase en dúas quendas, sendo ás 10:00 h para o alumnado do IES Porto do Son e ás 19:30 h para nais, pais e público en xeral.

Esta actividade creará un espazo de confianza, da man do Policía Local Martín Camba, no que poder expoñer todas as dúbidas.

Ademais, será unha gran opotunidade para previr situacións de risco e para aprender a coidar e acompañar mellor á pobación nova.

Actividade organizada polo Concello de Porto do Son e o ANPA “Fraga de Novio” de IES Porto do Son, colaboración da Policía Local.

Comments are closed.

Close Search Window