A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Porto do Son pon en marcha este ano 2015 a terceira edición do Certame de Cartas pola Solidariedade e a Igualdade. Este ano haberá 2 categorías: ata 12 anos e a partires deos 12 anos.
Como ven sendo habitual, a temática versará sobre algún tema relacionado coa solidariedade e igualdade de xénero: pobreza, inxustiza social, paz, rexeitamento á violencia…
As cartas participantes deberán ser entregadas nas oficinas do Concello anteds do día 31 de marzo, e a resolución do Certame farase pública o día 23 de abril.
Desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade animamos a todo o mundo a que participe no Certame, que xa tivo unha notable participación nas edicións anteriores, e que esta ano conta cun premio moi atractivo: umnha tablet/ libro electrónico por categoría.
Javier Quiñoy Taboada
Concelleiro de Servizos Sociais e Igualdade