Outro verán máis chega a Porto do Son os campamentos de verán – Movida Urbana 2026, dirixidos á rapazada de 3 a 12 anos (nados/as entre 2014 e 2022).
Esta iniciativa terá lugar do 13 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e se levarán a cabo en 3 localizacións: Porto do Son, Portosín e Xuño.
As familias interesadas poderán anotarse no campamento completo ou na quenda que prefieran:
- Quenda 1: Do 13 ao 31 de xullo.
- Quenda 2: Do 3 ao 14 de agosto.
As inscricións poderán realizarse do 26 de maio ao 9 xuño no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello.
DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN EN FORMATO EDITABLE
DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN EN PDF
O campamento completo (13 xullo ao 14 de agosto) ten un custo de 125 euros; a primeira quenda (13 ao 31 de xullo) de 75 euros; e a segunda quenda (3 agosto e 14 agosto) de 50 euros. Haberá bonificacións para segundos irmás, familia numerosa ou persoas usuarias do servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello.
Máis información dispoñible na Oficina de Deportes, no teléfono 981 767 589 ou a través do enderezo electrónico omix@portodoson.gal
Actividade cofinanciada polo Plan Corresponsables da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género del Ministerio de Igualdad e a consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.


