Outro verán máis chega a Porto do Son os campamentos de verán – Movida Urbana 2025, dirixidos á rapazada de 3 a 12 anos (nados/as entre 2013 e 2021).
Esta iniciativa terá lugar do 14 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
As familias interesadas poderán anotarse no campamento completo ou na quenda que prefieran:
- Quenda 1: Do 14 de xullo ao 1 de agosto
- Quenda 2: Do 4 ao 14 de agosto
As inscricións poderán realizarse do 5 ao 18 de xuño no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello. O formulario de inscrición estará dispoñible a partir do martes 3 de xuño
Máis información dispoñible na Oficina de Deportes ou no teléfono 981 767 589.
Actividade cofinanciada polo Plan Corresponsables da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género del Ministerio de Igualdad e a consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
