O TEU MELLOR VERÁN. Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade
A Xunta de Galicia habilita na súa Campaña de verán unha oferta de actividades específica para persoas con discapacidade
Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde-.
Ofértanse 250 prazas no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña), na Residencia de Tempo Libre de Panxón, Nigrán (Pontevedra) e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
Poden solicitar praza ata o 30 de ABRIL nos campamentos as persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cunha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial
Toda a información en: politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2024
A nova no Facebook:
www.facebook.com/concelloportodoson/posts/pfbid02MSPic3bovQANGrsVtXeQ6n7Fiuo8eYkKjhUiEWvdFsgo6GsCmZcPQPvpoeRNG7TWl