Cultura, ocio, tempo libre, Xuventude e deporte|

O Bono Cultural Xove é unha axuda directa de 400 euros a quen cumpre 18 anos para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais. Unha invitación para entrar na idade adulta da man da cultura. Fai clic aquí para solicitar o teu Bono Cultural

IMPORTANTE: O Bono Cultural Xoven soamente funciona nas empresas que forman parte do programa. Aínda que sexan culturais, se non están adheridas, o bono non funcionará nelas. Consulta aquí a lista de empresas e entidades adheridas

🟡 Se naciches no 2004, podes consultar os movementos do teu Bono Cultural Xove ata o 28 de xuño de 2024. Consulta aquí.

🟢 Se naciches no 2005 e xa gozas do Bono Cultural Xove, diríxete ao apartado específico para consultar o teu saldo, achegar os teus tickets e comprobar o tempo restante para poder usar o teu Bono Cultural Xove. Consulta aquí.

🔵 Se naciches no 2006, podes solicitar o Bono Cultural Xove ata o 16 de setembro de 2024. Consulta aquí as instrucións e os requisitos.

Se es unha empresa ou entidade cultural, lembra que o prazo para solicitar a adhesión segue aberto. Pica aquí para acceder á túa conta ou para iniciar a solicitude.

Comments are closed.

Close Search Window