A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Unha experiencia única de saúde, descanso e lecer destinada a persoas maiores de 60 anos de Galicia.
En que consiste?
Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia desde xullo ata decembro de 2025.
A quen vai dirixido?
O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos, xunto a un acompañante.
No caso de ter un fillo/a con discapacidade igual ou superior ao 33% tamén podería acompañar.
Cal é o prazo de inscrición?
Do 17 de xuño ata o 16 de xullo de 2025.
Como e onde se solicita praza?
- Preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A)
- Presencialmente en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia, ou rexistro administrativo ou oficina de Correos presentando este impreso.
Cal é o custo?
A tarifa varía en función do establecemento escollido. Consulta os prezos no folleto informativo.
A Xunta de Galicia financia ata o 50% do custo total.
Como confirmo a reserva?
Tan pronto se reciba confirmación oficial da concesión da praza, débese contactar co balneario escollido directamente para reservar a quenda cun depósito de 30 euros, o importe restante aboarase á chegada.
Máis información no teléfono 900 333 666 en https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/planes-y-programas/bienestar-en-balnearios-0 ou a través do enderezo electrónico subxeaiss.politicasocial@xunta.gal



