A presente subvención ten como obxecto a concesión de becas a deportistas sonenses, que pertenzan ou non a entidades deportivas do Concello, e que destacaran na súa faceta competitiva durante o ano 2023, co obxectivo de apoiar e fomentar a práctica e o rendemento deportivo
Establécense tres liñas de subvención:
▪️ Beca A) Destinada a deportistas de alto rendemento, de disciplinas olímpicas ou parolímpicas, integrantes dos equipos das seleccións nacionais absolutas, con opción de clasificarse para participar na seguinte olimpíada, cunha contía máxima de 2000€
▪️ Beca B) Destinada a outros deportistas que destacaran na súa faceta competitiva durante o ano fixado na convocatoria, cunha contía máxima de 1500€
▪️ Beca C) Destinada a deportistas infantil e cadete, cunha contía máxima de 1500€
✳️ As liñas son incompatibles entre si, de xeito que as persoas solicitantes deberán optar na súa solicitude por unha ou outra modalidade
Máis información na Área de Deportes
Concello de Porto do Son Deportes Axudas deportivas individuaisDescarga
Bases e convocatoria para a concesión de becas a deportista individuais Descarga