Xeral|

Que, de acordo coa Lei de Galicia de prevención e defensa contra os incendios forestais, así como coa normativa vixente en materia de xestión da biomasa, todas as persoas propietarias de parcelas, fincas, leiras ou terreos situados en zonas afectadas polas faixas de protección teñen a obriga de manter estes espazos limpos de maleza,árbores e vexetación que supoñan risco de incendio.

En cumprimento desta normativa, as faixas secundarias de xestión da biomasa deberán estar completamente limpas antes do día 31 de maio de 2026.

Lémbrase que:

• A responsabilidade da limpeza corresponde ás pessoas propietarias dos terreos.

• O incumprimento desta obriga pode dar Iugar á execución subsidiaria por parte do Concello e á imposición das sancións previstas na lei.

• A correcta xestión da biomasa é fundamental para garantir a seguridade das persoas, das vivendas e do patrimonio natural.

Pídese a máxima colaboración veciñal para cumplir estes prazos econtribuir á prevención dos incendios forestais no noso municipio.

CONSULTA O BANDO COMPLETO

Que, en cumprimento da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e das obrigas establecidas para a xestión da franxa secundaria de protección arredor dos núcleos de poboación, infórmase a toda a veciñanza das parroquias priorizadas de: Nebra, Baroña, Ribasieira, Caamaño e Xuño.

Que poden formalizar voluntariamente o contrato coa empresa pública SEAGA para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dentro das devanditas franxas de protección:

As persoas interesadas poden:

  • Solicitar información ou asesoramento no Concello, en horario habitual de atención ao público.

Lémbrase que o cumprimento das obrigas de xestión da biomasa é esencial para garantir a seguridade das persoas, bens e montes do noso territorio.

CONSULTA O BANDO COMPLETO

Comments are closed.

Close Search Window