Benestar social e igualdade, Maiores i dependencia|

O Concello de Porto do Son acolle un novo curso de Bailoterapia, envellecemento activo para persoas maiores de 60 anos e pensionistas maiores de 55 anos.

A bailoterapia para maiores é unha actividade que aporta alegría e favorece o envellecemento activo, ademais de combater o sedentarismo e a soidade De aí, que os beneficios que achega nas persoas maiores sexan múltiples. Ademais, é un bo modo de realizar deporte na terceira idade, combinando exercicio e entretemento.

Esta iniciativa levarse a cabo a partir do mes de setembro deste ano 2026 os seguintes días:

  • Os luns no polideportivo de Santa Irene (Porto do Son), a partir das 17:15 h
  • Os martes na Casa da Cultura de Xuño, a partir das 17:15 h
  • Os xoves na Casa da Cultura en San Pedro, a partir das 17:15 h

As persoas interesadas poderán inscribirse a través do área de Benestar Social, no teléfono 981 86 74 14.

Comments are closed.

Close Search Window