
A Xunta de Galicia abre a convocatoria para solicitar axudas pola contratación de mulleres con carácter indefinido en sectores masculinizados
A orde conta con dúas liñas de axuda:
A primeira para impulsar a contratación por conta allea de mulleres desempregadas en ocupacións masculinizadas ou con infrarrepresentación feminina, mediante contratos de duración indefinida realizados entre o 1 de xaneiro de 2024 e ata o 20 de outubro de 2024. Así, as contratacións indefinidas iniciais a tempo completo incentivaranse cunha contía base de 15.000€. Mentres, aos contratos indefinidos iniciais a tempo parcial (mínimo 50%) e aos indefinidos fixos-discontinuos (mínimo 6 meses) corresponderalles unha contía base de 7.500€. Estas cantidades base poderán incrementarse nun 15% nos seguintes casos, acumulables entre si: se o centro de traballo está situado nun concello rural, se a muller contratada ten discapacidade, se é maior de 45 anos, se é retornada ou estranxeira ou se é unha persoa trans. Deste xeito, a contía máxima posible a subvencionar por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 26.250€
A segunda liña de axudas, busca promover a adaptación dos espazos ou dos postos de traballo nas empresas, con obras en aseos, vestiarios ou en espazos para menores realizados e pagados a data de 20 de outubro de 2024. Neste caso, o importe máximo da axuda será de 10.000€
📌 O prazo de solicitude rematará o 30 de SETEMBRO
Máis información en:
www.xunta.gal