A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as AXUDAS PEL 2025 coas seguintes liñas:
- PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Subvencións para a consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
- PEL-AUTÓNOMOS/AS: Subvencións ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes.
- PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Subvencións á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas en concellos de menos de 20.000 habitantes.
- PEL-PEMES MANTEMENTO: Subvencións para o mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas e microempresas beneficiarias das axudas Pemes Creación e ampliación do ano 2024.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL: https://www.dacoruna.gal/subvencions/
O prazo de presentación estará aberto ata o 17 de marzo, ás 14:00 horas
Máis información en:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=11/02/2025
