Emprego|

O obxectivo desta axuda económica da Xunta de Galicia é dar apoio ao emprendemento das persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022 no ámbito da. Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade é facilitar estas iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en consecuencia, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

✴️Convocatoria 2024 aberta ata o 28 de XUÑO

Máis información en:
oficinadoautonomo.gal/gl/axudas-ao-emprendemento-2024

Os comentarios están pechados.

Close Search Window