Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
A Xunta de Galicia ten en marcha varios programas dirixidos ao acceso á vivenda para os colectivos con maiores necesidades, todos eles recollidos no Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025.
No que atinxe ás axudas para a adquisición de vivendas, actualmente existen tres programas diferenciados:
Modalidade A | Programa de axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes, con financiamento estatal do Plan de vivenda. É preciso ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da formalización da escritura pública de compravenda. Ata 10.800€ por vivenda
Modalidade B | Programa de adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico, con financiamento autonómico.
Ata 12.800€ por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos.
Ata 10.800€, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
15.000€ por vivenda, no suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe
Modalidade C | Programa de adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial, con financiamento autonómico.
No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000€ por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 16.000€, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000€, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 12.000€, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de OUTUBRO do 2025, e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.
Máis información en: https://igvs.xunta.gal/areas/axudas
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI501A
