A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, publicou a orde do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS614B).
Esta convocatoria pretende continuar co avance na mellora da conciliación das familias galegas e seguir fomentando novas actividades, coa finalidade de que estas dispoñan dun abano amplo de posibilidades que dean resposta aos supostos de necesidades puntuais e, para tal efecto, mantéñense as tres modalidades de respiro recollidas na convocatoria do ano anterior que son a modalidade de Respiro no fogar, a de Respiro en centro de día e a de Respiro en centro residencial.
