A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca para o 2026 axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou discapacidade a través do programa Respiro Familiar.
Persoas beneficiarias:
– Que a persoa coidadora ou a/as atendida/s residan en Galicia.
– Que a persoa atendida presente unha discapacidade con necesidade de axuda de terceiras persoas e cun grao igual ou superior ó 75% ou teña recoñecido un grao II ou III de dependencia ou presente unha situación de necesidade de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
Tipo de axuda e contía:
– Respiro no Fogar (atención no domicilio): máximo 1.000 €/ano.
– Respiro en Centro de Día: máximo 1.000 €/ano.
– Respiro en residencia: máximo 1.500 €/ano.
Prazo de solicitude:
Ata o 15 de outubro do 2026.
Presentación das solicitudes:
Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https//sede.xunta.gal e nos diferentes rexistros da Administración.
Máis información no departamento municipal de Benestar Social (Tfno. 981 86 74 14).





