Xeral|

Nos últimos días detectouse unha baixada drástica nos caudais dos regatos e mananciais que abastecen ao Concello de Porto do Son. Segundo os indicadores recollidos no Plan Municipal de Emerxencias e Xestión do Risco de Seca, o municipio entra en FASE DE PREALERTA

Ante a situación hídrica actual, combinado coa elevada demanda de auga propia destas datas, supón un alto risco de cortes no subministro. O estado actual é crítico, polo que se fai un chamamento á colaboración de toda a veciñanza.

 Recomendacións e obrigas desde hoxe, 31 de xullo:

  • Uso responsable da auga, limitado ás necesidades domésticas.
  • Evitar totalmente:
    • Regas
    • Lavado de coches
    • Baldeos
    • Enchemento de piscinas

 Medida adicional: Peche das duchas das praias

Co obxectivo de preservar os recursos hídricos, a partir de hoxe, 31 de xullo, quedan pechadas as duchas das praias do municipio.

Solicitamos a colaboración e responsabilidade de toda a veciñanza. O compromiso de cada persoa é fundamental para preservar un recurso esencial e garantir o abastecemento durante este período. Coidemos a auga. É responsabilidade de todos.

Comments are closed.

Close Search Window