Cultura, ocio, tempo libre|

As crianzas de Porto do Son serán as encargadas de darlle a benvida ao Nadal o vindeiro venres, 5 de decembro. Serán os pequenos e pequenas da casa quen, coa súa luz, maxia e ilusión, se encarguen de premer o botón que acenda o alumeado da vila.

Desde o Concello convidámosvos a todos e todas a ser partícipes neste día tan especial. Agardámosvos ás 20:00 horas na Estacada da Fachada Marítima de Porto do Son.

Comments are closed.

Close Search Window