A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional fixa do 1 ao 20 de marzo o prazo para que as familias soliciten praza escolar para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Previamente, do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro, estará aberto o período de reserva de praza para o caso dos alumnos que rematan etapa no seu centro actual e pasan ao centro adscrito que lles corresponde. Isto é, por exemplo, para aqueles estudantes que rematan Primaria nun CEIP e pasan a Secundaria nun IES, ou que rematan Infantil nunha Escola de Educación Infantil (EEI) e pasan a un colexio de Primaria.
15 XANEIRO ao 4 FEBREIRO: alumnado xa escolarizado que cambia de etapa
1 ao 20 de MARZO: nova incorporación ou traslado de centro
Se tes calquera dúbida, o centro facilitará o trámite e darache toda a información que necesites. Tamén podes cosultar o portal informativo de EduXunta en www.edu.xunta.gal ou premendo nesta ligazón



