Benestar social e igualdade, Formación|

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns -dependente da Consellería de Sanidade- organiza un curso de alimentación e medicación de persoas con demencia (6h) que vai ter lugar os días 25 e 26 de xuño en horario de 16:30h a 19:30h.

Esta acción formativa, de carácter gratuíto, está dirixida a persoas coidadoras e cidadanía en xeral.

Programa:

  • Implicacións da alimentación en persoas con demencia.
  • Síntomas relacionados coa alimentación.
  • Tratamento nutricional.
  • Alimentación saudable.
  • ¿E se non quero comer? ¿Alimentación enteira ou triturada?
  • Tratamento nutricional da disfaxia.
  • Medidas hixiénico – posturais.
  • Uso de espesantes (exemplo práctico).
  • Recomendacións nutricionais xerais.
  • Progresión da alimentación na enfermidade.
  • Tipos de medicación e vías de administración.
  • Interaccións e importancia da adhesión ao tratamento.

A sesión correrá a cargo de Ana Isabel Calvo Pérez (Enfermeira referente en feridas do SERGAS. D.X. de Asistencia Sanitaria) e Uxia Rodriguez Lavandeira (Dietista – Nutricionista).

As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición, do 5 ao 17 de xuño, a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal

Folla de inscrición

As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición

Os comentarios están pechados.

Close Search Window