Cultura, ocio, tempo libre|

Porto do Son acolle o espectáculo musical Vinde todas, de Carmela, no marco do Día das Letras Galegas 2025 e a través da Rede de Dinamización Lingüística e o seu programa FalaRedes da Xunta de Galicia.

A actuación terá lugar o venres, 16 de maio, ás 21:00 h, na Casa da Cultura de Porto do Son.

Carmela -Carme López, Sara Méndez e Camille Hedouin- é un proxecto musical que parte da tradición, das informantes e dos arquivos musicais, pero que a entende como un ente flexible e moldeable que se adapta ao contexto actual a través de sons que viaxan desde as percusións ata referencias electrónicas.Trátase dunha proposta diferente no seu discurso tanto musical coma extramusical que sitúa a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro.

O traballo Vinde todas persegue a visibilización das informantes e mestura o arranxo e interpetación musical coa investigación e análise etnomusicolóxica, pois os timbres e harmonías escóllense a través da comprensión dos usos e funcións primixenios das melodías.

Máis información

Comments are closed.

Close Search Window