Educación|

Onte, 5 de xuño, celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Porto do Son, un evento emotivo no que participaron estudantes, familias, profesorado e membros do goberno local e representantes institucionais.

O acto contou coa presenza do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, que aproveitou a ocasión para felicitar aos estudantes por concluír esta etapa formativa.

O rexedor animou ao alumnado a afrontar con ilusión este novo período, xa sexa no ámbito universitario, na formación profesional ou noutras traxectorias, e lembroulles que levarán sempre consigo as súas raíces en Porto do Son, “unha terra que forma persoas con humildade, esforzo e compromiso”.

Comments are closed.

Close Search Window