Xeral|

A Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal de Porto do Son acolleu hoxe o acto de entrega da medalla de ouro a José Antonio Vila Brión, unha distinción coa que se recoñece a súa traxectoria e compromiso exemplares co municipio sonense.

O acto contou cunha gran afluencia de público, así como tamén coa distinguida presenza do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, que oficializou a misa.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, foi o encargado de entregar a medalla a José Antonio Vila, nunha xornada moi emotiva e na que tamén asistiron membros do goberno local, deputados autonómicos, o Comandante Xefe do Eva10, o Capitán da Garda Civil e o Patrón Maior de Porto do Son e Portosín. 

Comments are closed.

Close Search Window