Emprego|

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”. Esta iniciativa gratuíta irá vencellada á recuperación dos oficios tradicionais, coa finalidade de mostrar, entre outros aspectos, as posibilidades de emprego e autoemprego dos mesmos.

Nesta primeira edición da iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, desenvolverase unha rede de xornadas ao longo de máis de 20 concellos das catro provincias galegas.

Nesta ocasión, O Porto do Son acollerá unha actividade de coiro o 11 de outubro.

A finalidade deste programa é servir como motor de desenvolvemento no medio rural tratando de aumentar a taxa de poboación e ofrecendo á mocidade oportunidades vitais vinculadas a estes oficios. Do mesmo xeito, tamén se busca poñer en valor o coñecemento patrimonial e cultural das persoas maiores, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais en función das súas preferencias e desexos.

As persoas interesadas en inscribirse nesta primeira edición do Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos” poden facelo a través desta ligazón: https://voluntariadogalego.org/form/programa-de-voluntariado-interxc

Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son ter cumpridos os 16 anos, residir na Comunidade Autónoma de Galicia e cumprimentar o formulario que se atopa na páxina web.

Comments are closed.

Close Search Window